RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 25 e 26 de febreiro

A festividade do Entroido e o Campionato de España xuvenil e cadete de Seleccións Territoriais paraliza a competición esta fin de semana en practicamente todas as categorías de #ANOSACANTEIRA.

Así pois, só teñen partido o Fabril e o Deportivo Abanca B, ambos mañá domingo 26 de febreiro.

O filial deportivista, segundo na táboa, recibe en Abegondo o líder, o Rápido de Bouzas. Tan só 2 puntos separan ambos os conxuntos na clasificación.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, recupera a Óscar, que a pasada fin de semana en Villalonga cumpriu partido de sanción por cinco cartóns amarelos. Está citado todo o cadro para o encontro. Marcos Legaz é a única baixa.

Na Primeira División Feminina, o Deportivo Abanca B visita o Victoria FC santiagués.

Por outra banda, o Infantil B compite en Portugal nun torneo amigable.

A competición, organizada polo clube União Desportiva Ponte de Frielas, dispútase dende hoxe sábado 25 de febreiro na citada localidade lusa de Ponte de Frielas.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 26 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 26 de febreiro ás 12:00 no campo Municipal do Sergas (Santiago)

Categoría infantil
Torneo UD Ponte de Frielas
Primeira Fase
Sábado 25 de febreiro
MARÍTIMO 1 - INFANTIL B 2 (Álex y Quique)

Domingo 26 de febreiro
10:45: PORTO - INFANTIL B
17:00: INFANTIL B - OS BELENENSES

Os dous primeiros clasificados pasan a semifinais; en canto os outros dous equipos restantes disputarán a Fase de Consolación. Todo iso a partir do luns 27 de febreiro.