RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 27, 28 e 29 de xaneiro

Esta fin de semana presenta atractivos partidos na cidade deportiva de Abegondo.

Mañá domingo 29, o Fabril recibe ao Barco (12:00 horas), xa coa mente posta no liderado, a tiro de 4 puntos de distancia. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou en Abegondo a todo o seu plantel.

Deportivo Abanca B e Alevín B tamén compiten mañá domingo en Arteixo e A Torre respectivamente.

En Abegondo destacou hoxe sábado 28 o dobre duelo en Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete co Victoria. En ambos os casos os deportivistas asentaron a segunda posición polos seus triunfos ante os seus rivais, terceiros nos seus respectivos grupos.

A xornada do fin de semana arrincou onte venres en Abegondo co debut do Alevín A ante o Victoria, no Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol once. Houbo rotundo triunfo deportivista (8-0).

O calendario da canteira, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - BARCO, o domingo 29 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - PORTONOVO, o domingo 29 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - XUVENIL A 5 (Pedro -3-, Aarón y Boedo)

Liga Nacional: XUVENIL B 3 (Rojo, Loren e Rivera) - VICTORIA 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 3 (Julián, Raúl e Ernesto) - VICTORIA 1

Liga Galega, grupo 1º: BERTAMIRÁNS B 0 - CADETE B 3 (Pol, Docarmo e Mario)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: ONCE CABALLEROS 1 - INFANTIL A 9 (Iago, Jorge -2-, Antón, Jairo, Trilli e Axel -2-)

Primeira Autonómica, grupo 1º: RAYO SADENSE 1- INFANTIL B 11 (Quique -2-, Xosé -4-, Dani -3-, Álvaro e Hugo Baldomar)

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, primeira xornada: ALEVÍN A 8 (Baña, Zoe, Álvaro, Yago, Meki, Dani Estévez, Mella e Carlos) - VICTORIA 0

Segunda Fase Comarcal, terceira xornada: ALEVÍN B - LUÍS CALVO D, o domingo 29 de xaneiro ás 12:00 en La Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: ORILLAMAR A 0 - BENXAMÍN A 2 (Álex e Pablo Fernández)

Segunda Comarcal A Coruña: ATLÉTICO ARTEIXO C 0 - BENXAMÍN B 14 (Anxo -4-, Diego -5-, Iago -2-, Raúl -2- e David)