RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 9 e 10 de setembro

Mañá domingo, o Fabril recibe en Abegondo ao Real Madrid Castilla na 4ª xornada de liga en Segunda División B. O filial cambia a súa hora habitual de xogar os partidos na Cidade Deportiva. Así, das 12:00 horas pasa mañá ás 19:00 horas, para evitar coincidir co Dépor-Real Sociedad.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, circunstancia habitual nos partidos na Cidade Deportiva de Abegondo. Están lesionados Jardel e Luis Fernández.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Arrancan tamén a liga, en Arteixo o Deportivo ABANCA B (mañá domingo 10); e lonxe de Abegondo hoxe sábado o Xuvenil B (derrota en Boiro) e Cadete A (empate en Nigrán).

Finalmente, o Alevín A foi subcampión hoxe sábado do Torneo de Narón, competición organizada polo Club Narón Freixo na que participa mañá domingo o Benxamín A.

E en Italia, os penaltis tombaron a un equipo Infantil do Dépor en oitavos de final da Ravenna Cup 2017, despois de facer un gran torneo.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
FABRIL - REAL MADRID CASTILLA, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 1)

Categoría feminina
Primeira División Feminina, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: REAL OVIEDO 1 - XUVENIL A 1 (Boedo)

Liga Nacional, 1ª xornada: BOIRO 3 - XUVENIL B 2 (César e Rojo)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN 3 - CADETE A 3 (Fito, Peke e Mario)

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CADETE B 1 (Hugo Suárez) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: INFANTIL A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Quique, Roque e Trigo) - IMPERÁTOR 0

Trofeo Arnedo Cidade do Calzado

Primeira Fase
Venres 8 de setembro
VILLARREAL 0 - INFANTIL A 0
INFANTIL A 0 - UNIÓ JABAC I TERRASSA 0

Sábado 9 de setembro
Cuartos de final
INFANTIL A 0 - REAL ZARAGOZA 1

Partidos polo quinto ao oitavo posto
INFANTIL A 0 - UNIÓ JABAC I TERRASSA 0. Por penaltis: 2-3

Domingo 10 de setembro
9:00: INFANTIL A - CELTA

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - INFANTIL B 3 (Dani, Luis e Héctor)

Rhoton Cup 2017 en Redon (Francia)

Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
INFANTIL B 1 (Gabri) - GUINGAMP 1
STADE LAVALLOIS 0 - INFANTIL B 0
ESTAC TROYES 0 - INFANTIL B 1 (Pablo Seco)
INFANTIL B 0 - VANNES 0
INFANTIL B 2 (Pablo e Ayana) - OGC NICE 1

Domingo 10 de setembro
10:20: INFANTIL B - RC STRASBOURG
12:00: FC LORIENT - INFANTIL B

Os dous primeiros clasificados acceden ás semifinais, que se xogan xa a continuación.

Ravenna Cup 2017, en Classe (vía Ravenna nº 120)

Primeira Fase
Mércores 6 de setembro
ALTINORDU 1 - INFANTIL 1 (Carlos)

Xoves 7 de setembro
INFANTIL 2 (Sierra e David Carreira) - FORLÌ FC 0
INFANTIL 1 (Barral) - RHODENSE 0

Venres 8 de setembro
SAN GIORGIO 1926 0 - INFANTIL 3 (Domínguez -2- e Estévez)
INFANTIL 0 - JUVENTUS 0

Sábado 9 de setembro
Dezaseisavos de final
TORINO 0 - INFANTIL 0. Por penaltis: 3-4

Oitavos de final
VERONA 1 - INFANTIL 1 (Barral). A penaltis: 4-3

Categoría alevín

Torneo de Narón

Primeira Fase
ALEVÍN A 4 (Héctor -3- e Álvaro) - GALICIA CARANZA 0
ALEVÍN A 4 (Óscar -2-, Iván e Álvaro) - LUIS CALVO 2
ALEVÍN A 8 (David -2-, Samuel -2-, Luis, Álvaro, Adrián e Héctor) - GIJÓN INDUSTRIAL 0

Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (Álvaro) - RACING DE FERROL 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Héctor e Adrián) - SANTA MARIÑA 1

Semifinal
ALEVÍN A 4 (Óscar -2-, Hugo e Jorge) - URAL 0

Final
ALEVÍN A 0 - CELTA 1

Categoría benxamín

Torneo de Narón, no campo de Río Seco

Domingo 10 de setembro
Primeira Fase
9:35: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS
11:15: BENXAMÍN A - AS PONTES
12:55: BENXAMÍN A - RACING DE FERROL

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final