RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA B

Resultados de #ANOSACANTEIRA o 4 e 5 de febreiro

A visita do Fabril, terceiro clasificado en Terceira División, ao Arosa, quinto na táboa, foi o partido máis interesante en #ANOSACANTEIRA. Gañaron os arousanos (3-1) nun partido que rompeu no primeiro minuto da segunda metade.

Co balance de dúas vitorias e un empate, tamén competiron hoxe domingo o Xuvenil A en Tanos (1-1) ante o Tropezón; o Xuvenil B en Vigo ante o Santa Mariña (1-2); e o Alevín A en San Tirso (0-7).

En Abegondo xogaron, e gañaron onte sábado Cadete B (4-1), Infantil A (7-0) e Infantil B (13-0). Os dous primeiros en choques da liga Galega foron ante os respectivos equipos do Victoria.

Os partidos dos catro equipos que se tiñan que disputar onte sábado na Coruña foron suspendidos polo temporal de vento e choiva que azoutou estes días a Galicia, tal e como ordenou o Concello coruñés.

Descansaron pois obrigatoriamente o Cadete A (que xogaba no campo da Leyma ante o Ural), Alevín B (cuxo rival en La Torre era o Obradoiro), Benxamín A (que se mediría ao Ural A en A Grela 2) e Benxamín B (co Calasanz C como adversario, en La Torre).

Polo calendario, tivo tamén parón o Deportivo Abanca B, debido á disputa da segunda fase do Campionato de Seleccións Territoriais Sub-16 e Sub-18.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
AROSA 3 - FABRIL 1 (Álex Corredera)

Categoría xuvenil
División de Honra: TROPEZÓN 1 - XUVENIL A 1 (Gandoy)

Liga Nacional: SANTA MARIÑA 1 - XUVENIL B 2 (Rojo e Muri)

Categoría cadete
División de Honra: URAL - CADETE A, suspendido

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 4 (Jorge -2-, Portas e Mario) - VICTORIA B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 7 (Axel -3-, Jorge -2-, Novoa e Nils) - VICTORIA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 14 (Hugo Baldomar -5-, Adrián Lombao -3-, Iván, Quique -2-, Xosé, Álex e Zerfu) - OBRERO 0

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, segunda xornada: SAN TIRSO 0 - ALEVÍN A 7 (Noah, Marco Baña, Zerfu, Mella, Meki, Samuel e Domínguez)

Segunda Fase Comarcal: OBRADOIRO - ALEVÍN B, suspendido

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: URAL A - BENXAMÍN A, suspendido

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B - CALASANZ C, suspendido