RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario y resultados de #ANOSACANTEIRA del 3, 4 y 5 de marzo

Todos os equipos de #ANOSACANTEIRA retoman a competición tras o parón da pasada fin de semana.

En Terceira División, o Fabril defende o liderado na sempre complicada cancha do Choco de Redondela.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Anxo, Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Nacho Monsalve, Ángel, Lucas, Edu, Carlos López, Álex Corredera, Manu Molina, Carreón, Borja Galán, Óscar, Jardel e Borja Domingo.

Onte xogou en Abegondo o Cadete B (triunfo pola mínima ante o Viveiro A). Hoxe sábado fíxoo o Xuvenil A (4-0 ao Roces) e Infantil A (5-1 ao Xuventude de Oroso); e mañá domingo, a quenda é para o Alevín A (na cidade deportiva) e o Deportivo Abanca B (en Arteixo).

Nas demais categorías sobresae o choque do Benxamín A, líder da Primeira Comarcal A Coruña, que visitou ao Olímpico A, segundo. Houbo empate (1-1), e a liga segue aberta.

O calendario de partidos da fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
CHOCO - FABRIL, o domingo 5 de marzo ás 17:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA B, o domingo 5 de marzo ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 4 (Sito, Aarón, Pedro e Ortuño) - ROCES 0

Liga Nacional: CALASANZ - XUVENIL B, o domingo 5 de marzo ás 10:00 na Grela 2

Categoría cadete
División de Honra: PABELLÓN 1 - CADETE A 2 (Barbeito -2-)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Portas) - VIVEIRO A 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Jorge -3-, Jairo e Novoa) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Primeira Autonómica, grupo 1º: ÓRDENES 1 - INFANTIL B 6 (Hugo Baldomar -5- e Diego)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: ALEVÍN A - LUGO A, o domingo 5 de marzo ás 10:30 en Abegondo

Segunda Fase alevín: ALEVÍN B - IMPERÁTOR C, o domingo 5 de marzo ás 13:00 en La Torre 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: OLÍMPICO A 1 - BENXAMÍN A 1 (Montes)

Segunda Comarcal A Coruña: RAIO SADENSE B 2 - BENXAMÍN B 10 (Pablo -3-, Nico -2-, Xabi, Guille, Eder, Íker e Mosquera)