RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calvete: "Como nos piden os accionistas e socios colaboraremos, pero tamén controlaremos que haxa pasos adiante"

Este mediodía celebrouse no Pazo de María Pita a xuntanza entre o Real Club Deportivo e o Concello da Coruña para a posta en común da situación das cubertas do Estadio Municipal de Riazor. En representación do Deportivo estiveron o secretario do Consello de Administración, Enrique Calvete, acompañado polos conselleiros Martín Pita e Daniel Ramos, ademais do director corporativo do Club, José González-Dans. Polo Concello asistiron os concelleiros José Manuel Sande e Xiao Varela, xunto aos xefes de servizo municipais de deportes e de edificación.

Segundo Calvete: "foi unha reunión moi cordial, onde se nos expuxeron os proxectos e a folla de ruta. Para nós é un tema importante e complexo. As sensacións son boas, pero o mesmo que nos pasa no céspede, ademáis de sensacións necesitamos puntos. O Club vai a ter unha actitude positiva sempre ante actitudes positivas e de traballo do Concello. Estudiaremos a documentación que nos envíen con todo o cariño do mundo e estaremos a disposición do Concello, como estivemos sempre, para ir avanzando nunha solución.

Sobre o partido do sábado fronte ao Alavés "non vai haber ningún problema coas condicións de seguridade necesarias. Tamén é importante o mantemento preventivo que vai comezar tras as reparacións destes días. Temos que analizar todavía os prazos, a todos nos gustaría loxicamente que no prazo máis breve posible estivera nas condicións axeitadas, pero todos queremos tamén que sexa unha obra en condicións e iso leva os seus tempos. Como nos piden os nosos accionistas e socios colaboraremos co Concello pero tamén controlaremos que efectivamente haxa pasos adiante en todo o que se está decindo", concluiu.

Pola súa banda, José Manuel Sande afirmou que foi: "unha boa xuntanza, o que nós desexabamos desde hai uns días, a mellor maneira de interlocución. Nós fixemos varias xuntanzas internas coas áreas involucradas en todo o procedemento. Como resultado tentamos, na parte que corresponde á obra, por valor de 7 millóns de euros, consensuar un anteproxecto co Club, cunha mesa técnica de seguemento que se reunirá o 7 de marzo ás 13:00 h. Se axustaron todo o que puidemos os prazos para unha obra que estaremos en disposición de comezar antes do 30 de xuño de 2018, uns meses antes do plantexado. A parte das reparacións tamén haberá un contrato de mantemento que desde 2010 non existía, cun control do día a día para anticiparse a calquera circunstancia. Esto é o que pode ofrecer o Concello durante todo este tempo. Nunca houbo un distanciamento con respecto ao Club senón un traballo consensuado", afirmou.

Por último, Xiao Varela explicou que "comentamos ao Deportivo a nosa folla de ruta para a remodelación da cuberta. Para nós esta obra é prioritaria e esencial dentro dos servizos do Concello. O Deportivo é unha institución chave na cidade. O noso compromiso é claro co incremento das previsións orzamentarias de 3 a 7 millóns de euros e a revisión do proxecto que vai a permitir que se ataque dunha maneira solvente e sen riscos para ser executado. Estamos traballando no anteproxecto que esperamos ter antes do 20 de maio, que vai a marcar a licitación do proxecto máis a obra antes do 31 de decembro de 2017, co que estaríamos comezando as obras no verán do 2018. O que queríamos hoxe era adiantar estas datas ao Club e confirmar que a seguridade está completamente garantida. Hoxe o Deportivo veu a escoitar a nosa proposta", rematou o concelleiro coruñés.