RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Revilla de Camargo introduce os DéporCampus Cabreiroá en Cantabria a próxima semana

A localidade cántabra de Revilla de Camargo organizará a próxima semana un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o CD Revilla e o concello de Camargo.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2018 de Camargo asistiron Jesús Miguel López Camino (presidente do CD Revilla), Eduardo Díaz Fernández (vogal do CD Revilla) e Gonzalo Rodeño Fernández (concelleiro de deportes de Camargo). En representación do RC Deportivo acudiu ao acto Pablo Barros, director dos DéporCampus.

Camargo, que se estrea como sede dun DéporCampus Cabreiroá, acollerá unha quenda, do 23 ao 27 de xullo. O Campo de Fútbol de Revilla de Camargo será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 19 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá creceron de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 15 localizacións. Este verán estréanse 6 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro, Camargo (Cantabria) e Plasencia (Cáceres), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl.