RCD / NOVAS

Cambio de horario xornada 21: o Dépor-Levante adiántase ao sábado 27 ás 13:00 horas

12/01/2018 20:18

Após o sorteo da próxima eliminatoria da Copa de SM El Rey e debido á afectación dos tempos de descanso entre partidos dos participantes, LaLiga viuse obrigada a modificar os horarios da 20ª e 21ª xornada de LaLiga Santander 2017-2018, na que o Deportivo renderá visita ao Real Madrid e recibirá ao Levante, respectivamente.

Finalmente o partido en Madrid diputarase o domingo 21 de xaneiro ás 16:15 horas no Estadio Santiago Bernabéu (Bein LaLiga). O do Levante en Abanca-Riazor adiántase 23 horas, ao sábado ás 13:00 h.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Xornada 19
Sábado 13 de xaneiro, 20:45 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Valencia (Bein LaLiga)

Xornada 20
Domingo 21 de xaneiro, 16:15 horas, Santiago Bernabéu, Real Madrid - Deportivo (Bein LaLiga)

Xornada 21
Sábado 27 de xaneiro, 13:00 horas, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo - Levante (Bein LaLiga)

Xornada 22
Venres 2 de febreiro, 21:00 horas, Anoeta, Real Sociedad - Deportivo (Bein LaLiga)