RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cambios na representación do Deportivo para a reunión no Concello

Tras a conversación telefónica mantida na noite de onte entre o presidente do Deportivo, Tino Fernández, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e dada a imposibilidade do rexedor coruñés de asistir á reunión, prodúcense modificacións no equipo que estará presente na cita do mércores ás 13:00 h. en María Pita. Alcalde e Presidente así o acordaron e emprazáronse para un posterior encontro, mentres que na reunión de mañá participarán outros membros dos seus equipos de traballo.

En representación do Deportivo estará o secretario do Consello de Administración, Enrique Calvete, acompañado polos conselleiros Martín Pita e Daniel Ramos, ademais do director corporativo do Club, José González-Dans. Polo Concello asistirán os concelleiros José Manuel Sande e Xiao Varela, xunto aos xefes de servizo municipais de deportes e de edificación.