RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani advirte: ''o Raio é un rival moi perigoso porque arrisca moito e faiche ir ao límite''

  Cani compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Agarda o próximo luns en Riazor (20.30, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante o Raio Vallecano "un partido complicado porque o Raio é un equipo moi atrevi

Cre que o partido "o temos que facer o menos correcalle posible, porque lles beneficiaría a eles", advirte o veterano atacante deportivista.

A nivel particular, tras o seu regreso ao once o pasado domingo ante a Valencia, Cani dixo atoparse "ben. A mágoa foi non irnos coa vitoria, porque iso é o que che fai irche a casa contento do todo. Dentro de todo vinme ben".
 
Descarta totalmente a súa saída do Dépor: "nin tiven ofertas, nin pedín irme nin me dixeron que me vaia. Non atopo a razón pola que me tivese que ir. Pero isto do fútbol cambia nunha semana tanto polo lado dos xogadores, como do Club, como de todo o mundo. Nunca podes dicir nunca nada. Pero non estou a pensar noutra cousa que non sexa estar aquí".
 
Opina Cani respecto dos proximos encontros previstos no calendario que "se sacamos estes partidos contra rivais que están abaixo iso pódelo deixar case listo. Nese aspecto son moi importantes porque xa sería non deixalo matematicamente pero encarrilalo moi ben".