RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani cre que o Dépor o venres 'ten que facer un partidazo e tentar aproveitar as súas virtudes'

Cani aseguró en rolda de prensa en Abegondo que "cando te enfrontas a un equipo no que estiveches é un pouco especial. Xa enfrontarche a un dos 'grandes' é especial, á Atlético, ao Madrid, ao Barça. Sempre ten un alicient

Lembra do seu paso polo Atlético de Madrid que "non foron seis meses como eu esperaba. Non foron bos seis meses no deportivo. Pero como experiencia vouma a levar toda a vida, porque vivín o que é un club grande".

Do Atlético que se poderá ver en Riazor este venres (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), Cani explica que "en ataque cambiaron moitos xogadores, pero a defensa, o mediocampo é practicamente a mesma, o adestrador tamén e a filosofía é a mesma: pelexar, defender ben, balón parado. É un equipo moi difícil, con xogadores moi bos moi fortes, que saben moi ben o que quere o adestrador".

Cani, máis que de agresividade, opina que o persoal do Atlético está formada por futbolistas "moi fortes, que gañan duelos individuais".

Insiste en que o rival do Dépor é un equipo "moi bo defendendo. Fai que che desesperes un pouco e en calquera cosita que ti falles aprovéitancha. Esa é a virtude que teñen. É moi difícil facerlles ocasións e meterlles goles. Así senten cómodos, e esperan e esperan. Logo arriba teñen moi bos xogadores e márcanche de calquera xeito, nun córner, a balón parado... son súper fortes, van de cabeza moi ben seis ou sete xogadores. É un equipo moi complicado".

A receita para dobregar ao Atlético é sinxela, segundo Cani: "O teu tes que facer un partidazo e tentar aproveitar as túas virtudes, que tamén as temos".