RCD / NOVAS

Caparrós chanceou con Deco: Ímolo a secuestrar para que xogue connosco

Joaquín Caparrós, camiño da sala de prensa do Estadio de Riazor ao finalizar o encontro entre o Deportivo e o Nástic, tivo oportunidade de saudar ao barcelonista Deco, que onte presenciou no palco o partido. "Saiba vostede que o imos a secuestrar, así non vai poder saír de aquí e xogará connosco", chanceou o técnico deportivista co internacional portugués, vello coñecido da afección branquiazul desde a súa etapa no O Porto.

09/04/2007 16:47

Máis novas de: JOAQUÍN CAPARRÓS

RCD / Noticias Relacionadas

13/06/2007 22:49 |

Caparrós reuniuse esta tarde co Presidente

Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".