Caparrós: Fixemos un torneo de copa notable e só temos o lunar da semifinal
Vídeo de Caparrós en Abegondo Joaquín Caparrós defendeu ao seu persoal na comperecencia desta mañá no Mundo do Fútbol. O técnico lembra que o equipo está xa salvado, "cumprimos o obxectivo", sostén e asegura que fixo "un torneo de Copa notable. Tivemos só o lunar da eliminación de Copa do Rei". En canto ao seu futuro, insistiu que non ten "ningún tipo de contacto con ningún club", lembrou que queda un ano de contrato no Deportivo e que, iso si, "haberá unha reunión co Presidente, que aínda está sen data, no que as cartas estarán boca arriba".
canaldeportivo, A Coruña10/05/2007 13:13
Así mesmo, Caparrós desvelou unha conversación no vestiario "para acabar a tempada o máis arriba posible". "Non me gustou o partido de Vigo, onde tiñamos unha gran oportunidade de facer algo bonito, nin o primeiros vinte minutos do Sevilla en Riazor. Temos que recuperar a agresividade, a actitude, que foi o que nos permitiu chegar aos 43 puntos". Por fin, eloxiou ao Deportivo e á Coruña: "É unha cidade cinco estrelas, a xente é do leite e trabállase moi ben" e ao deportivismo: "De verdade que a afección foi o que máis me impresionou".
Ver a despedida do corpo técnico Joaquín Caparrós, acompañado polo Director Deportivo do Club, Richard Moar, e por Luciano Martín Toscano "Luci", e Javi Reyes, os seus dous directos colaboradores, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na sala de prensa do Estadio de Riazor.
Ás doce do mediodía de mañá xoves, o técnico Joaquín Caparrós, acompañado do seu segundo adestrador Luciano Martín, o preparador físico Javier Reyes así como o Director Deportivo do Club, Richard Moar, dará unha rolda de prensa no Estadio de Riazor.
Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".