RCD / NOVAS

Caparrós: Non nos afectou a derrota. Hoxe adestramos ao mil por mil

Joaquín Caparrós compareceu esta mañá ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. Asegurou que o equipo "se adestrou hoxe ao mil por mil. Traballamos cunha intensidade tremenda". Equiparou o partido do pasado domingo ante o Betis ao do Levante ou ao do Espanyol en Riazor.

06/03/2007 13:31

O adestrador deportivista pediu unidade apelando ao famoso: "sumar, sumar e sumar". En canto ao Atlético de Madrid, rival este domingo, Caparrós indicou que "teño un concepto moi elevado tanto do equipo como do seu adestrador, Javier Aguirre, un gran coñecedor do noso fútbol". Preguntado sobre Arizmendi e a súa posibilidade de que regrese ao club colchoneiro o mes de xuño, o adestrador do Deportivo está convencido de que "non afectará para nada ao seu rendemento o domingo. Javi ten unha cabeza moi ben amoblada e ten postos o seu cinco sentidos no Deportivo. El está moi agradecido ao Club e á afección deportivista".

Máis novas de: JOAQUÍN CAPARRÓS

RCD / Noticias Relacionadas

13/06/2007 22:49 |

Caparrós reuniuse esta tarde co Presidente

Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".