RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Caparrós: O corazón deste equipo é o grupo

Joaquín Caparrós eloxiou ao seu persoal esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O técnico utrerano, á pregunta dun xornalista sobre o bo ambiente que reina no vestiario, asegurou que "o corazón deste equipo é o grupo, o compromiso, a solidariedade

Non quixo o adestrador deportivista falar do seu futuro máis aló do partido do Real Racing Club do domingo, aínda que lembrou o seu ano de contrato que lle une ao Deportivo polo menos ata xuño de 2008.

Por fin, e referíndose á información que na edición publica o Diario As asegurando que o Deportivo é o equipo que mellor rendibiliza os seus goles da historia do fútbol, Joaquín Caparrós extrae unha dobre lectura: Por unha banda a positiva, que é que o núcleo do equipo é a defensa, "con homes experimentados", e doutra banda a parte negativa, recoñecendo Caparrós que ao Dépor "cústalle marcar goles, quizais porque na parte de arriba contamos con xente menos experimentada".