RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Caparrós: Teño unha relación moi fluída co Presidente e o seu Consello de Administración

Joaquín Caparrós eloxiou á Real Sociedade, rival do Deportivo este sábado, na rolda de prensa desta mañá no Mundo do Fútbol: "Ten moi bo equipo, con bos futbolistas e un magnífico adestrador".

-Dá a sensación que este é unha partido 'trampa'.
-Que vai. En absoluto. Partido trampa é do mércores de Copa do Rei en Valladolid. O partido de mañá sábado vai ser ante un bo equipo, con bos futbolistas e un magnífico adestrador.

-Ten claro o equipo inicial?
-Si. Pero imos esperar a mañá.

-O espello no que mirarse será o partido de Vilarreal. Aínda que o equipo castellonenco deixa xogar e a Real Sociedade non.
-Cada partido é distinto. Se nos enfrontásemos outra vez ao Vilarreal seguro que ía ser diferente.

-Dá a impresión de que baixou un pouco o pistón nos adestramentos.
-Home temos agora unha sobrecarga de partidos coa Copa do Rei, viaxes por medio... O adestrador sábeo e para iso faise unha programación.

-O outro día falaba da Intertoto e desde fóra deunos a impresión de que había distanciamento.
-En absoluto a relación miña co Presidente, con todos os Conselleiros e coa Dirección Deportiva é moi fluída e boa. Demostrámolo co caso Arbeloa... Outra cousa é que me preguntastes por ese tema e eu respondinvos. E ademais non hai que darlle xa máis voltas.

-Asistirá á inauguración da Pena Deportivista O Caserío en Pasaxes de San Pedro?
-Non porque non quixese. Antes dun partido gústame sempre estar cos meus. Pero o da Pena Deportivista en Guipuzkoa demostra que o deportivismo segue crecendo. E isto é importante.