RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Caparrós: Voume do Deportivo unicamente por unha decisión persoal

Ver a despedida do corpo técnico Joaquín Caparrós, acompañado polo Director Deportivo do Club, Richard Moar, e por Luciano Martín Toscano "Luci", e Javi Reyes, os seus dous directos colaboradores, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na sala de prensa d

Confesou o técnico utrerano que se marcha do Deportivo "unicamente por unha decisión persoal". Advirte que non ten asinado nada con ningún equipo e asegura que o Dépor, "co técnico que veña, vaise a relanzar seguro. Moi pronto será o equipo que nos ten adoitados".

O adestrador sevillano manifestou que "onte pola noite tiven unha chamada moi emotiva do Presidente, que como sabedes segue en Madrid para xestionar o futuro do Club". Acto seguido, Caparrós asegurou que "aquí hai un persoal humano extraordinario, dunha gran calidade". Despediuse asegurando que o Deportivo "é unha marabilla de entidade para traballar".