RCD / NOVAS

Capdevila entra na lista de Luís Aragonés para os decisivos partidos de España

Joan Capdevila, un dos capitáns do Deportivo, entrou na lista que fixo pública esta mañá Luís Aragonés de face aos decisivos compromisos de España ante Dinamarca, o sábado 24 de marzo no Santiago Bernabéu e ante Islancia, o mércores 28 no Ono Estadio de Palma de Mallorca.

16/03/2007 12:45

Ao lateral zurdo deportivista únenselle Jorge Andrade con Portugal, o 24 de marzo en Lisboa fronte a Bélxica e a 28 Serbia en Belgrado, Estoyanoff con Uruguai, amigable ante Corea o 24 de marzo, Dudu Aouate con Israel, o 24 ante Inglaterra e o 28 fronte a Estonia, De Guzmán con Canadá, o domingo 25 de marzo ante Bermuda, Bodipo con Guinea Ecuatorial e Barragán que xogará coa Selección Española Sub-20 un partido ante a República Checa o mércores 21 de marzo en Alcázar de San Juan.

Ademais, o xuvenil Rochela foi convocado pola Selección Española Sub-17 para disputar a Fase Clasificatoria para o Campionato de Europa da categoría que se celebrará en Nerja e Almuñécar do 26 ao 31 de marzo, con Polonia, Suecia e Suíza como rivais.

Máis novas de: CAPDEVILA

RCD / Noticias Relacionadas

08/06/2007 14:11 |

Aouate e Capdevila incorporáronse aos adestramentos

Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.

25/05/2007 20:00 |

Capdevila entra na lista de Aragonés

Joan Capdevila converteuse nun dos homes fixos para Luís Aragonés. O lateral deportivista entrou na convocatoria para os partidos clasificatorios para a Eurocopa 2008 ante Letonia (sábado 2 de xuño) e ante Liechtenstein (mércores 6 de xuño). Curiosamente, Lopo, cuxa solicitude de internacionalidad reclama cada vez máis xente, é o único integrante da parte defensiva do equipo máis utilizada ao longo da tempada por Caparrós que non está citado para a súa Selección. Si o está a meta Aouate (Israel), e os defensas Coloccini (Arxentina), Andrade (Portugal) e Capdevila (España). A maiores, para este mes de xuño recibiron convocatorias internacionais Estoyanoff (Uruguai), De Guzman (Canadá), Adrián (Selección Española Sub-19) e Bodipo (Guinea Ecuatorial). Pola súa banda, Barragán e Fabricio están na preconvocatoria para disputar o Campionato do Mundo Sub-20.