RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Capdevila na Coruña

Joan Capdevila visitou hoxe a cidade herculina acompañado da súa familia e o seu representante. O acordo do xogador co club branquiazul é case total, salvo -en palabras do presidente deportivista- uns detalles pendentes do xogador co Atlético de Madrid.

Augusto César Lendoiro confirmou que o xogador permanecerá vinculado ao Deportivo por sete campañas e insistiu no agradecemento ao xogador polas facilidades presentadas na negociación co club coruñés.

Para Capdevila vir ao Deportivo é "un reto e unha responsabilidade, e sei que coa participación na Champions League". O xogador espera repetir o éxito desta campaña e agradeceu o interese do Deportivo despois de sufrir o descenso co Atlético.

Augusto César Lendoiro aproveitou para dicir que "as negociacións con Catanha van, aparentemente, por bo camiño, pero non é a única posibilidade."