RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Carles Gil asegura que Garitano quere un Dépor ''intenso, con presión arriba, atrevido''

  Carles Gil foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Riazor, nada más concluír a sesión de traballo do primeiro equipo por primeira vez esta tempada no estadio.

O extremo deportivista confesa que, a escasos días de arrincar a liga Santander ante o Eibar en Riazor (venres 19 de agosto ás 22.00 horas, Bein Sports), "as pernas funciónannos mellor, ímonos pondo a punto e xa todos estamos con moitas ganas de que chegue ese partido".

A nivel persoal, asegura que "a adaptación está a ser boa, os compañeiros están a axudarme a iso, a min e a todos os que somos novos. En canto á cidade, está a ser rápida. É unha cidade moi acolledora. Estou moi a gusto aquí".
 
Lembra que ex compañeiros que xa pasaron polo Dépor "faláronme xenial do Club, tanto por dentro como por fóra. Esperábamo tal cal. É un gran Club, con cousas moi boas. Estou moi contento de estar aquí".
 
Cre que o feito de estar confeccionada xa o persoal, "axuda a adaptarnos ao grupo, ao adestrador, ao que quere e propón. É un punto a favor cara a nós".
 
Sobre a idea de xogo de Gaizka Garitano, apunta Carles Gil que o adestrador branquiazul busca "un equipo intenso, con presión arriba, atrevido. Logo tentar ter bo trato de balón. Aos poucos imos collendo os conceptos que el quere e póndoos a punto para o comezo de liga".