RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil dá un paso máis na súa recuperación e realizou hoxe tarefas co grupo

Carles Gil deu esta mañá un paso máis na súa recuperación e realizou tarefas co grupo, no regreso aos adestramentos do Deportivo despois do día de descanso de onte luns. O atacante valenciano aínda non dispón da alta médica.

Así, o único futbolista que hoxe non saltou ao céspede foi Bakkali. Os Servizos Médicos agardarán a como evoluciona das súas molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita para saber se estará dispoñible para o encontro deste sábado 26 de agosto ás 20:15 horas no Ciutat de València ante o Levante (Bein LaLiga).

Esta mañá, cos fabrilistas Edu Expósito e a meta Álex Cobo, todo o cadro realizou un traballo preventivo no ximnasio, rondos e un exercicio de fútbol con tres porterías.

A continuación, os titulares o pasado domingo ante o Real Madrid realizaron tarefas de recuperación, con ximnasio, masaxe... O resto continuou cun circuíto con balón e fútbol en espazo reducido.

Mañá mércores, o equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 10:30 horas.