RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Carles Gil e Nacho Monsalve, felices co seu debut co Dépor

  Dous debutantes, Carles Gil e Nacho Monsalve, foron os protagonistas na zona mixta da Malata, ao finalizar a 55 edición do Trofeo Concepción Arenal.

Carles Gil, autor do primeiro gol do partido, dixo estar "contento co debut, por poder xogar cos compañeiros". Márcase como obxectivo colectivo "facelo o mellor posible e conseguir o obxectivo. E a nivel persoal tentar axudar en todo o que poida e ser un xogador importante".
 
Pola súa banda, Nacho Monsalve manifestou estar "moi contento por poder debutar co Dépor e facelo o mellor posible. Agora, a seguir traballando". O central fabrilista explica que "estarei a adestrar co primeiro equipo e cando o filial necesite xogar con eles alí estarei. E cando o primeiro equipo necesite unha man tamén estarei".