RCD / NOVAS

Carles Gil, novo xogador do Real Club Deportivo

12/07/2017 18:45

Carles Gil de Parella Vicent (Valencia, 22 de novembro de 1992) convértese por segundo ano consecutivo en xogador do Real Club Deportivo, cedido ata final de temporada polo Aston Villa.

O centrocampista ofensivo, formado na canteira do Valencia CF, xogou cedido a Temporada 2012-2013 no Elxe CF, chegando a disputar 31 encontros, máis de 2.000 minutos, anotando 4 goles e conseguindo o ascenso. A temporada seguinte, tamén no conxunto alacantino, completou a súa primeira temporada en primeira, cun total de 33 encontros e máis de 2.500 minutos.

Traspasado polo Valencia ao Aston Villa no mercado de inverno de 2015, disputou cos "viláns" 28 encontros na Premier League (un total de 1.800 minutos), marcando 3 goles. A temporada pasada xa a xogou cedido no RC Deportivo polo club inglés, disputando 23 partidos, un total de 1.410 minutos e anotando 1 gol. Carles Gil debutou como internacional Sub-21 en 2013 nun España-Albania que La Roja gañou 4 goles a 0.

Carles Gil superou esta mañá o recoñecemento médico no hospital HM Modelo da Coruña e mañá incorporarase á pretemporada do equipo na Cidade Deportiva de Abegondo.

Máis novas de: CARLES GIL