RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil: "Tiña outras ofertas, pero tiña moi claro que quería volver"

Carles Gil foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. O atacante deportivista, cedido ata final de temporada polo Aston Vila, apunta sobre o seu regreso ao Dépor, que "todo o mundo sabía que estiven moi contento aquí, moi feliz o ano pasado, que a miña idea era volver. Tamén tiña outras ofertas pero tiña moi claro que quería volver".

Subliñou que o Dépor "apostou moi forte por min. Xa coñezo o Club, a afección, os meus compañeiros, a cidade. É por iso que decidín volver aquí".

Márcase como obxectivo que "as lesións me respecten. O ano pasado tiven un problema de pube, que é unha lesión moi fodida. Vénche e non sabes cando vaise ir. Moitas veces non sabes porqué vén. Afortunadamente estou moito mellor". Insiste no seu desexo de "poder adestrar ao cento por cento, poder xogar ao cento por cento. Non ter que xogar ao 70 por cen, como me pasou en moitos partidos o ano pasado. E logo que dependa de min", engade.

Carles, a nivel colectivo, subliña que "temos claro que hai que facelo moito mellor que o ano pasado. Tentar non sufrir. Ter unha temporada cómoda. Logo tentar ser protagonistas, que ao final é o que queremos. Que se fale de nós para ben, que a afección estea ilusionada. Todo iso é o que queremos e é o noso obxectivo".

En canto ao día a día, o centrocampista branquiazul advirte que en pretemporada "a idea é ir collendo ritmo o máximo posible. Por iso estamos a meter bastante carga, días de dobres sesións, moitos partidos. As sensacións son boas".