RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil: "Xa sabemos cara onde temos que ir"

Carles Gil explicou na sala de prensa de Abegondo, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, que "entramos nunha dinámica que xa sabemos cara a onde temos que ir, o que queremos. Nótase que xogue quen xogue temos a lección aprendida, e imos todos polo mesmo camiño".

Mostrouse contento por "a marcha do equipo. As sensacións desde hai mes ou mes e algo son moi boas. O importante e o bo é que están a acompañar os resultados. Estamos contentos por iso".

Subliña con todo Carles Gil que "as sensacións se non as acompañas de resultados e de puntos serven de pouco. Neste caso estamos a facelo. Conseguimos dúas vitorias moi importantes en casa e estamos contentos por iso".

Cre que a evolución do Deportivo "foi con balón. Estamos a combinar moito máis, todos queremos o balón. Temos o balón porque sabemos que a mellor maneira de defender é ter o balón. Aprendemos que ese é o camiño".

Confesou arrastrar "unhas molestias no xeonllo desde fai uns partidos. Pero só son molestias que me permiten xogar. Ou sexa que ben".

Preguntado sobre o futuro de Babel, comenta que "todos lle demostramos xa o noso sentimento. Achéganos moitísimo. É un xogador con moita experiencia. Xa llo dixemos por activa e por pasiva. É decisión súa. Estamos a esperar que quede e oxalá sexa esa a súa decisión".

Referiuse tamén a Çolak, con quen se asocia frecuentemente durante os partidos: "É un grandísimo xogador. Parecémonos un pouco porque nos gusta tocar, combinar, ofrecernos. Un pouco é o cambio que pegou o equipo. Todos queremos o balón, todos queremos combinar, ter o balón. É o cambio que pegou o equipo e que non está a vir así de ben".