RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Abad asegura que o equipo está adaptado "a ter que remangarnos e traballar para sacar cada punto"

Carlos Abad pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O meta deportivista cre que este parón ligueiro "veunos ben sobre todo a nivel grupal polos problemas de lesións que tiñamos, para ir recuperando xente. E a nivel individual pola miña banda para seguir traballando e seguir meténdolle caña. Xa estamos en semana de competición e estamos preparados".

Asegura que "despois dun pequeno período de adaptación, sobre todo xente que vén doutras categorías e que non coñecía esta, estamos a ver o que nos imos a atopar. Ningún partido vai ser fácil, ningún equipo vainos a regalar nada. Xa estamos adaptados ao que chamamos categoría de barro, de ter que remangarnos e traballar para sacar cada punto".

Do choque ante o CD Guijuelo deste domingo 22 de novembro no Estadio Municipal de Guijuelo (17:00 horas, Footters), Carlos Abad vaticina "un partido trabado como até agora xa sexa pola superficie ou porque xogamos no seu campo. Van tentar aguantar todo o posible para complicarnos ao máximo e facernos dano á súa maneira".

Nesta liña, advirte que é un encontro "para ser competitivo. Imos tentar facer o noso xogo o mellor que podamos pero as condicións vannos a limitar. Ante o Unionistas tentámolo e puidemos sacar tres puntos cun gol. Non sabemos o que vai pasar no partido así que só queda prepararnos o mellor posible para competir ao máximo".

Así mesmo, alerta que sobre herba sintética, como a de Guijuelo: "o balón roda diferente. Pode ir máis rápido ou máis lento; un bote máis picado... Cambia bastante", apunta.

Finalmente, o gardameta branquiazul, a pesar de ser a súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR e ademais case sempre sen público na bancada, confesa que "sempre botamos de menos a #ANOSAFORZA. É un apoio extra que temos. Nótase moitísimo cando xogamos con eles ou sen eles".