RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Abad, sobre a presión por ascender: "Aquí todo o que vén sabe ao que vén"

Carlos Abad pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O meta deportivista non dá importancia aos resultados nos partidos amigables: "A pretemporada está para adestrar e practicar o que vén na temporada. É un período de probas. Vénnos ben tanto gañar, como empatar como perder. Temos que estar preparados para todo. Non sempre os partidos vánsenos a dar como queremos. Ao final o que pasa na temporada é totalmente diferente ao que pasa en pretemporada".

Desvela que Fernando Vázquez non comentou quen ocupará a portería deportivista este domingo 18 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS (19:00 horas): "Eu traballo para min, para estar o mellor posible, para estar ao meu mellor nivel, para ser útil para o equipo. Logo se me toca xogar fareino o mellor posible".

Cre que o encontro desta fin de semana será "bonito, sobre todo para min. É un campo no que estiven como visitante. Espero poder gozar o máximo posible en ABANCA-RIAZOR".

Nesta liña, recalca estar "con moitas ganas despois de tanto tempo sen competir a nivel oficial. Esta pretemporada fíxosenos longa a todos. Probablemente sexa a máis longa de todas as nosas carreiras".

Chamoulle a atención do Dépor que "a pesar das circunstancias que se deron na última temporada e na categoría na que estamos, o apoio da xente. Non é fácil que un Club tan grande como o Dépor agora en Segunda B estea a xente tan implicada. E non só os afeccionados, tamén a xente que traballa no Club. Nótase que están todos para o Dépor e todos queren o mesmo".

Recoñece que "hai compañeiros que chegaron máis tarde e sendo sinceros non podemos dicir que esteamos ao 100 % a nivel do total do cadro. Os xogadores necesitan un pouco de rodaxe a nivel oficial porque as pretemporadas están ben pero ata que non se empece a competir a nivel oficial non veremos o verdadeiro nivel de cada un".

Carlos Abad sostén que "a nivel persoal atópome ben, moi positivo, moi seguro. Tiven bo nivel, sentinme moi ben dentro do campo, cos compañeiros, no vestiario. Síntome importante desde que cheguei".

Finalmente, apunta que a presión por ascender "ponlla cada un. Aquí todo o que vén sabe ao que vén. O obxectivo é subir a Segunda pero o fútbol non é máis que un xogo, con todo o que leva. Cando estamos no campo estamos 11 contra 11 e gaña o que mellor o fai".