RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández recibe o alta e entra na lista para visitar ao CD Numancia

José Luis Martí citou a 19 futbolistas para o partido de mañá venres 26 de abril no Nuevo Estadio de Los Pajaritos (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Numancia, en partido correspondente á 36ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Entre os elixidos está Carlos Fernández. O dianteiro andaluz completou con normalidade unha nova sesión co grupo e recibiu a alta médica.

Caen da convocatoria por lesión Krohn-Dehli e David Simón, que realiza xa algunhas tarefas co grupo; e Pablo Marí, por sanción.

No adestramento desta mañá, após un quecemento con rondos e xogos, Martí dispuxo un exercicio de automatismos de ataque, un partido a metade de campo.

O equipo desprázase a Soria este mediodía, segundo esta folla de ruta:

Xoves 25 de abril
12:00: Saída en autocar a Soria con parada a comer no Hotel Ciudad de Ponferrada
19:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel Alfonso VIII en Soria

Venres 26 de abril
21:00: CD Numancia - Deportivo, en Los Pajaritos
Ao concluír, saída en autocar de regreso á Coruña

José Luis Martí citou a todo o seu cadro para que regrese aos adestramentos o luns 29 de maio ás 11:00 horas en Abegondo.