RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández regresa a unha convocatoria de 20 xogadores para o Dépor-Lugo de mañá

Superados os problemas físicos cos que acabou o ano, Carlos Fernández regresa ás convocatorias do equipo após adestrar toda a semana con normalidade. Na última sesión preparación participaron todos os xogadores do cadro, excepto Pedro Sánchez, que continúa recuperandose da sobrecarga que padece.

Após o último repaso teórico ao partido e o quecemento, o equipo axustou a puntaría e puíu os detalles pendentes de cara ao choque fronte ao CD Lugo de mañá ás 17:30 en Abanca-Riazor.

Os xogadores convocados están citados mañá ás 11:30 no Hotel Meliá María Pita para comer e descansar antes de partir cara ao Estadio Abanca-Riazor ás 15:45 h.