RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlota, citada por España sub-17 para un Mini Torneo Elite en Suecia

A xogadora do Deportivo ABANCA Carlota Sánchez, que se acaba de proclamar o pasado mes de xaneiro con España sub-17 campioa do Torneo do Atlántico en Santa Cruz de Tenerife, regresa á selección nacional da categoría para un Mini Torneo Elite na cidade sueca de Göteborg, do sábado 23 ao venres 29 de marzo.

Carlota segue os pasos dados con anterioridade por outras xogadoras deportivistas como Teresa Abelleira, Nuria Rábano e Malena Mieres, tamén internacionais en categorías inferiores.

Eslovaquia, Suecia e Polonia serán esta vez os rivais das españolas.

O calendario de España en Suecia é o seguinte:

Sábado 23 de marzo
19:30: ESPAÑA - ESLOVAQUIA, no Borås Arena de Borås

Martes 26 de marzo
18:30: ESPAÑA - SUECIA, no Borås Arena de Borås

Venres 29 de marzo
18:00: POLONIA - ESPAÑA no Hisingen Arena de Göteborg

Debido a esta convocatoria, Carlota será baixa segura no Deportivo ABANCA B para o partido na Coruña, correspondente á 25ª xornada na Primeira Autonómica, ante o CF Deportivo Orzán, previsto inicialmente para o domingo 24 de marzo, en hora e campo por fixar.