RCD / NOVAS

Carlota e Laura Rivas destacan no triunfo de Galicia sub-17 ante Castela e León

16/12/2018 19:51

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas disputaron con Galicia sub-17 no campo de Santa Isabel (Santiago de Compostela) a Primeira Fase do Campionato de España de seleccións territoriais.

Hoxe domingo, fronte a Castela e León, no partido que pechou esta Primeira Fase, impuxéronse as galegas (3-0), de novo con actuación destacada das dúas futbolistas do Deportivo ABANCA B.

Ambas foron titulares. Laura Rivas xogou completo o choque e estrelou un disparo no traveseiro. Carlota, que raiou a gran nivel, anotou o primeiro gol e levou en todo momento o mango do xogo galego. Foi relevada no minuto 87 e o público despediuna cunha gran ovación.

Na primeira cita, o pasado venres ante Estremadura, as dúas futbolistas branquiazuis tamén formaron no once inicial. Carlota ademais foi a autora dun dos goles galegos (0-2) que serviron para amarrar o triunfo.

Iso si, as estremeñas non o puxeron fácil e chegaron a fallar 2 penas máximas.

Así pois, Galicia acaba esta Fase con pleno de puntos: 6 de 6 posibles.

Os resultados das galegas foron os seguintes:

Venres 14 de decembro
ESTREMADURA 0 - GALICIA 2

Domingo 16 de decembro
GALICIA 3 - CASTELA E LEÓN 0