RCD / NOVAS

Carlota e Laura Rivas, seleccionadas por Galicia sub-17 para a Primeira Fase do Campionato de España

12/12/2018 20:36

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas foron seleccionadas para disputar con Galicia sub-17 esta fin de semana no campo de Santa Isabel (Santiago de Compostela) a Primeira Fase do Campionato de España de seleccións territoriais.

As rivais do combinado galego serán Estremadura e Castela e León.

O calendario de partidos das galegas é o seguinte:

Venres 14 de decembro
12:30: ESTREMADURA - GALICIA

Domingo 16 de decembro
12:30: GALICIA - CASTELA E LEÓN