RCD / NOVAS

Carlota incorpórase hoxe luns á selección española sub-19

17/02/2020 11:35

A futbolista do Deportivo ABANCA B, Carlota Sánchez, está convocada para uns adestramentos coa selección española sub-19, que terán lugar desde hoxe luns 17 ao mércores 19 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A xogadora coruñesa, que toma o testemuño das súas compañeiras no primeiro equipo Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou María Méndez, non ten competición co Deportivo ABANCA B, con parón ligueiro até o vindeiro domingo 1 de marzo.

Con todo, Carlota foi convocada polo Dépor ABANCA para o seu partido de onte ante o Rayo Vallecano en Madrid. A atacante branquiazul saltou ao céspede no minuto 83 en substitución de Carolina Arbeláez.

Ademais dela, outras canteirás branquiazuis habituais nas convocatorias das categorías inferiores da selección española son Sara Álvarez ou Nuria Torres.