RCD / NOVAS

Carmela Barro recibe un premio á súa traxectoria na XXIV Gala do deporte ferrolán

25/03/2017 13:30

A xogadora do Deportivo Abanca Carmela Barro Casanova recibiu este fin de semana unha distinción como recoñecemento á súa traxectoria deportiva ao longo dos anos 2015 e 2016 na XXIV Gala do Deporte Ferrolán que tivo lugar no auditorio municipal da cidade departamental.

Ademais da súa distinción na modalidade de fútbol tamén recolleu senllos recoñecementos pola súa actividade no mundo do remo nun acto no que estiveron as principais figuras do deporte en Ferrol.