RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmelo del Pozo vaticina reforzos inmediatos para a portería, lateral esquerdo e dianteira

Carmelo del Pozo repasou na sala de prensa de Abegondo toda a actualidade referente ao cadro deportivista.

Estas foron algunhas das súas frases:

Fichaxes a custo cero: Aketxe e Gaku

"A realidade económica do noso Club require que os xogadores que veñan veñan fágano sen unha condición de traspaso. Mentres non haxa uns ingresos suficientes por unha cantidade moi alta, o Dépor non vai poder facer traspasos para contratar xogadores".

"O Club necesita recibir ingresos moi por encima das cantidades que se recibiron para poder asinar xogadores por traspaso. A realidade é esa. Hai que dicila ben clara. O ano pasado e este que empeza temos que compensar uns gastos que se produciron no último ano de Primeira División. A partir de aí producirase unha situación de equilibrio e poderanse facer outra serie de cousas".

Prioridade: o gol

"Gustaríame en primeiro lugar dar as grazas tanto a Edu Expósito como a Quique González. Axudáronnos moito a ter unhas condicións bastante interesantes no económico a favor do Club".

"Agora o que hai que facer é traer algún xogador neste posto (dianteiro) que poida mitigar a ausencia que temos de Quique. Temos dous dianteiros, Diego Rolan e Christian Santos; pero vai vir outro dianteiro".

Longo

"A lista é tan ampla que non imos dicir uns que si ou outros que non. É un xogador interesante, foi interesante o ano pasado. É un futbolista que cando xogou e competiu de forma regular meteu goles. Pode ser unha opción que está no mercado. Agora mesmo está no Inter, está a xogar. Foi titular onte no amigable. Todos os equipos dunha certa categoría estamos a loitar por el. Veremos se é unha das opcións finais".

Novas vendas de xogadores

"Nós agora mesmo temos 20 xogadores. Haberá que equilibrar en posicións que hai déficit e liberar en zonas que temos de máis. Tentaremos neste caso que haxa unha situación económica que nos beneficie".

Diego Rolan e Juanfran

"A día de hoxe hai 20 xogadores. Iremos vendo as situacións nas que haxa que darlle coherencia. A idea é ter un equipo equilibrado, de ter polo menos 2 por posto, 22 xogadores. Poden ser logo 21 ou 23. Por exemplo no lateral dereito temos 4 laterais, co cal hai que facer algúns movementos".

Fede Cartabia

"Hai algún certo interese dun Club por Fede. O que hai que ver é se esa situación equilíbrase nas tres partes: xogador, a nosa e a do Club que queira adquirilo".

"Acaba de empezar o verán. Creo que vai ser un verán como o do ano pasado, longo nalgúns casos concretos".

"Se Fede Cartabia sae, traeriamos a un xogador".

Traballo da Dirección Deportiva

"Temos 1 porteiro, o outro está apalabrado e o normal é que nos próximos días veña. Será un porteiro novo, que compita con Dani. Catro laterais dereitos. Hai que liberar algunhas das posicións deste posto concreto. Temos 3 centrais. Hai que tomar unha decisión sobre o tema de Róber e ver que facemos nesta demarcación, con xogadores que poden actuar aí, como Eneko Bóveda. Temos un lateral esquerdo e haberá que traer a outro. Tamén está orientada esa posición. Temos 4 mediocentros, 2 bandas dereita, 1 mediapunta, 2 bandas esquerda e 2 dianteiros".

"Agora mesmo a situación é de certa tranquilidade. O equipo pode saír a competir con suficientes garantías. O que hai que ver é que o mercado nos permita situacións de entradas e saídas que sexan beneficiosas desde o punto de vista económico e que non repercuta negativamente no deportivo".

Róber Pier

"Custoulle moito chegar a Primeira División e ten unha lesión de cruzado bastante complicada. Só ten un ano de contrato. Hai que pensar ben as dúas partes que podemos facer niso e atopar o mellor momento para facer ben as cousas as 3 partes".

Límite salarial

"As cifras danchas a final de verán. Máis ou menos temos unha situación estimativa que podemos manter ben co que hai no cadro".

"Temos que ter claro cales son as prioridades. Se é mellor destinar unha cantidade a un xogador que sexa importante, ou esa cantidade derivala a dúas adquisiones ou dividir o diñeiro noutra serie de xogadores... É importante ter claro canto vale un xogador e canto nos dá no campo".

Situación do Deportivo entre os aspirantes

"A liga de Segunda mostrounos o ano pasado que os aspirantes non están marcados polo límite salarial. Creo que vai estar nun chanzo non dos máis altos como é lóxico porque baixaron 3 equipos cun músculo moi importante, sen débedas nin problemas. Estará nun chanzo intermedio, non sei se o 4, o 5, o 6 ou o 8. Non creo que ese sexa o problema para ser un equipo competitivo. O que se buscou é facer un equipo competitivo, que contaxie á xente; que sexamos nós os que manteñamos coa afección esa chama de ilusión que se xerou a finais da liga pasada e no playoff".

Sorpresas entre os canteiráns no primeiro equipo

"Queremos reducir o cadro e dar oportunidade de que #ANOSACANTEIRA irrompa no primeiro equipo. Un proxecto como o do Dépor necesita a inxección de xogadores. Non sei se en 5 meses, en 1 ano, en 2 anos. O investimento e o gasto que se fai en Abegondo ten que ter unha repercusión no primeiro equipo a curto prazo. Un movemento que se fixo o ano pasado un pouco raro, que era que saíse Borja Galán; e 12 meses despois demostrou que o movemento é bo. É un produto que saíu da canteira de Abegondo".

Espiña con Gaku

"O esforzo que fixo Gaku é bestial. Non vin un xogador que renuncie a unha cantidade de diñeiro por vir a un Club. Tiña outras opcións. As dúas partes tiñamos ganas de cumprir un compromiso existente que se plasmou nun papel a data de 31 de xaneiro. É un xogador que cumpre as expectativas do que buscabamos antes como agora coa saída de Edu".

"É un contrato que beneficia moito ao Club. Ten 4 anos de duración, unha compensación económica por traspaso se o equipo ascende a Primeira División. E se non, telo en propiedade. Nun momento dado, nun beneficio por un futuro traspaso recibe unha parte o Getafe. Pero ti benefíciaste dun xogador por un ano, oxalá que só sexa un ano. Se tes máis anos, o beneficio económico para nós a custo cero é importante".

Contratos de traspaso de Edu Expósito e Quique

"Con Edu Expósito hai un beneficio futuro dunha cantidade; e con Quique pagouse a cláusula e desde o momento que se pagou a cláusula, non hai cantidade ningunha".

Pedro Mosquera

"Temos 20 xogadores e a día de hoxe son do Club para todos os efectos. O que se desenvolva durante o verán é difícil de prever. Na cabeza temos unhas cousas pero o mercado do verán vainos a marcar entradas e saídas dalgúns que esperamos e outros que non".

"Imos ter 4 mediocentros, 2 xogadores por posto. Neste caso o que lles toca é traballar, ser un máis e demostrar que están capacitados para ser titulares neste equipo".

Obxectivos inmediatos da Dirección Deportiva

"O porteiro; pechar o lateral esquerdo que está xa falado; e o tema do dianteiro pechalo porque hai que ter 2 ou 3 dianteiros".

Diego Rolan

"Imos ter 2 ou 3 dianteiros. Se é Rolan, xa está no cadro. Se sae Rolan, virá outro".

"Agora mesmo estamos a facer números. Cantidades que están pechadas nun contrato e hai que tentar respectalas. E a partir de aí ver as necesidades que temos nós. Se é un xogador que é prioritrario, haberá que axustar máis noutras posicións se entendemos que nos vai a dar logo no campo".

"Os contratos hai que asumilos cando están asinados e axustarse ás necesidades".

"El cando asina un contrato, ten que asumir que ten cantidades en Primeira e en Segunda. Con 'Labro' falamos en febreiro. Estivo aquí en abril, viu toda a instalación, estaba encantado. Seguramente na súa cabeza estaba estar en Primeira. Pero desde que chegou non puxo un pero, nin unha dificultade, nin cando o equipo perdeu desgraciadamente en Mallorca. Quero que a xente estea encantada de estar no Dépor, sexa na categoría que sexa".

"O que se demostrou co tempo é que estar no Dépor en Segunda abre moitas portas. Vai haber 5 ou 6 xogadores do equipo que sen subir, van xogar en Primeira División. Moitos xogadores aquí revalorizáronse e é un mérito da marca Dépor, do Club e de todos. Iso veo moita xente".