RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cartabia, Juanfran e Navarro resaltan a importancia do triunfo

  Os futbolistas branquiazuis que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do estadio Benito Villamarín mostráronse moi satisfeitos co tres puntos que o Dépor leva para A Coruña.

Así, Fede Cartabia resaltou que "o triunfo é moi importante para nós porque a xornada pasada escapáronsenos puntos en casa".

Autor dun gran gol, dos máis bonitos da xornada, recoñece que "estou feliz. Sinto outra vez futbolista. Quero aproveitar a miña oportunidade".
 
Pola súa banda, Juanfran cre que "estamos a facer as cousas moi ben. O equipo deu unha imaxe moi boa".
 
O ex futbolista bético, que suma a súa segunda tempada consecutiva no Deportivo, opina que "o equipo con catro cambios (no once) rendeu a un gran nivel e iso é moi importante".
 
Finalmente, Fernando Navarro subliña que este triunfo "é importante para coller confianza ante un bo equipo como é o Betis. O equipo fixo un bo partido en liñas xerais".
 
O internacional branquiazul manifestou que "o equipo soubo xogar o partido a pesar do empate. Soubo xogar as súas cartas e esperar o seu momento. Creo que a vitoria é xusta".