RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case 300 socios teñen xa o seu carné de #ADNDeportivista

292 Deportivistas xa teñen o seu abono para a próxima temporada 2018-2019. Desde as 09:30 da mañá, os afeccionados desexosos de ter na súa man o carné de #ADNDeportivista, xa esperaban na Oficina Principal de Correos na Coruña (r/ Alcalde Manuel Casás, s/n) -Oficina de Atención ao Deportivista todo este verán polas obras do Estadio ABANCA-RIAZOR- que empezaron a despacharse ás 10:00 nos dous portelos habilitadas para atender aos socios con cita previa e o terceiro para os seguidores que acoden sen cita. Outros dous mostradores atenden a información e aos accionistas, así como o financiamento do abono a través de ABANCA.

250 renovacións e 42 altas son as que se deron nunha xornada que inaugurou o socio Emilio González Doval, primeiro abonado do Dépor 18-19, quen, como o resto de socios, recibiu a súa bunfanda de DEPORTIVISTA, que terán todos os que teñan o carné do Dépor para a próxima temporada. Para mañá están dadas 71 citas previas a través de citaprevia.rcdeportivo.es  para evitar esperas.

Polo momento non se activou, por quinta campaña consecutiva, a renovación por internet, a través da web abonos.rcdeportivo.es. No momento que se poida realizar o Club comunicarao a través de todas as súas canles de comunicación. Na mesma páxina pode consultarse o dossier con toda a información desta campaña de abonos.