RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case 400 deportivistas e 20 peñas animarán ao Dépor en San Mamés

Coas entradas despachadas a socios e peñas do Real Club Deportivo na Coruña para o partido de mañá ás 20:45 horas fronte ao Athletic Club en San Mamés, serán case 400 os deportivistas que animarán ao equipo desde a bancada visitante do estadio vizcaino.

Unha parte importante dos 379 desprazados ao País Vasco viaxarán nos autobuses financiados polo Real Club Deportivo e xestionados pola Federación de Peñas, que estará en Bilbao representada por 20 agrupacións: Bodipo, Murphy, Foz, Camándulas, El Bierzo, Llodio-Anduriña, A Unión, Brigantium, Rubia Galega, Chamberí Branquiazul, Budha, Chaflán, Barcelona, O Roxo, O Padriño, A Costa, Teixeiro, Rias Baixas, Caña Derbas e Viveiro.

O groso do desprazamento realizarase mañá por estrada. O plan de viaxe ten fixada a saída dos autobuses o sábado ás 07:00 horas do Palacio dos Deportes de Riazor e o regreso o domingo ás 12:00.