RCD / NOVAS

Case 500 Deportivistas conformarán #ANosaForza no Reina Sofía

25/09/2021 19:30

489 Deportivistas, de entre eles 119 peñistas en representación de 22 peñas, estarán mañá a partir das 12:00 h. animando a Os Nosos no Estadio Reina Sofía de Salamanca.

No partido da 5ª xornada de Primeira RFEF Footters entre Unionistas e Deportivo, as peñas Deportivistas representadas son: Cabaña del Cazador, Camándulas, Caramuxo, Centenariazo, Chamberí, Cheka, El Bierzo, Faluya, La Cuesta, La Estrella, Meseta Branquiazul, Miau Miau, Mirobriga, Noroeste Turco, Orgullo Koruño, Paixón Branquiazul, Perla de Arousa, RCD London, Rías Baixas, Rompeolas, Rouba Risóns e Verín Pablo Amo.