RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case unánime aprobación de todos os puntos da orde do día

Esta tarde celebrouse, en segunda convocatoria, a Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo. A Xunta Xeral quedou configurada coa presenza de 137 accionistas, con 2.125 accións propias e 52.448 accións representadas (1.459 accionistas representados), cun total de 3.279.837,30 € de capital presente e representado (31,86651% do Capital Social).

Após o informe do presidente aos accionistas, repasando toda a actividade social do pasado exercicio, a presentación do resto dos puntos, a alocución do Conselleiro da Área Económica Enrique Calvete, a intervención de 8 accionistas e os seus representantes e as respostas de Tino Fernández, os resultados das votacións foron os seguintes:

Segundo.- Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado ao 30 de xuño de 2017:

2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.

Si: 54.281 (99,6841%)
Non: 138 (0,2534%)
Abs: 34 (0,0624%)

2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.

Si: 52.612 (99,6704%)
Non: 138 (0,2614%)
Abs: 36 (0,0682%)

2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.

Si: 54.266 (99,6840%)
Non: 145 (0,2664%)
Abs: 27 (0,0496%)

2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado ao 30 de xuño de 2017.

Si: 54.256 (99,6803%)
Non: 138 (0,2535%)
Abs: 36 (0,0661%)

Terceiro.- Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2017-2018.

Si: 54.219 (99,6050%)
Non: 138 (0,2535%)
Abs: 77 (0,1415%)

Quinto.- Delegación de facultades.

Si: 54.170 (99,6505%)
Non: 134 (0,2465%)
Abs: 56 (0,1030%)