RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro adestramentos para o Dépor na semana do inicio ligueiro

O Deportivo encara os seus últimos 4 adestramentos antes de arrincar ‎LaLiga 1|2|3 no Estadio Carlos Belmonte de Albacete, o venres 17 de agosto (22:00 horas, Gol).

Como é habitual esta campaña, o primeiro equipo almorzará e comerá cada día nas instalacións habilitadas para tal fin na Cidade Deportiva.

Nada máis regresar de Albacete, o sábado 18, o equipo realizará unha sesión de recuperación en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 13 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Martes 14 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 15 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Xoves 16 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo

Venres 17 de agosto
22:00: Albacete - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte

Sábado 18 de agosto
16:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo