Fabril e Xuvenil A disputan esta semana un total 2 partidos amigables cada un. Ambos os equipos atópanse en plena pretemporada, cuxo inicio de competición está fixado para o 17 ou 18 de outubro o primeiro; e o 1 de novembro o segundo.
Así, o filial deportivista de Juan Carlos Valerón recibe o mércores en Abegondo á SD Compostela e visita o sábado 3 de outubro ao UD Somozas, nunha previa ao arranque ligueiro que tamén será para os fabrilistas no campo Alcalde Manuel Candocia.
Precisamente o UD Somozas, este mércores 30, será o primeiro rival do Xuvenil A en esta pretemporada. O equipo que dirixe Óscar Gilsanz pechará a semana ante outro 'Terceira', a SD Fisterra.
Todos os partidos que se celebren na Cidade Deportiva serán a porta pechada.
O calendario de partidos amigables de #ANOSACANTEIRA para esta semana é o seguinte:
Terceira División
FABRIL - SD COMPOSTELA, o mércores 30 de setembro ás 11:30 en Abegondo (campo principal)
UD SOMOZAS - FABRIL, o sábado 3 de outubro ás 18:00 no campo Alcalde Manuel Candocia (As Somozas)
Categoría xuvenil
XUVENIL A - UD SOMOZAS, o mércores 30 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
XUVENIL A - SD FISTERRA, o sábado 3 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)