RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro baixas obrigadas no Dépor ABANCA para o amigable de mañá sábado en Abegondo

Manu Sánchez, técnico do Dépor ABANCA, conta con 4 baixas obrigadas para o amigable de mañá sábado 19 de setembro (16:00 h) en Abegondo ante o FC Famalicão, no segundo partido de preparación da pretemporada.

Kika, Kenni e Athenea caen por lesión; e Peke, por estar convocada coa selección española. Dúas futbolistas do Dépor ABANCA B, Eva Dios e Tati, completan a convocatoria.

En atención aos protocolos sanitarios do CSD e a Secretaría Xeral para O Deporte da Xunta de Galicia, e ás autorizacións obtidas para poder disputar o partido, este xogarase a porta pechada, sen presenza de público nas bancadas do campo principal de Abegondo.