RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Catro deportivistas, citadas para o Galicia-Cataluña deste xoves en Vilagarcía

Catro xogadoras do Deportivo foron convocadas para disputar coa Selección Galega feminina un amigable fronte a Cataluña, este xoves 22 de decembro ás 19.00 horas no campo da Lomba (Vilagarcía de Arousa).

As citadas son: Miriam, Tere Abelleira, Anita e Eva. Delas, Tere Abelleira acaba de regresar de Castelldefels (Cataluña), de disputar coa Selección Galega sub-18 o Campionato de España de seleccións territoriais.

É o Deportivo o Club que máis futbolistas achega a este combinado galego.