RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro futbolistas á marxe do grupo a 48 horas do partido ante a Real Sociedad

Catro futbolistas do Dépor están a día de hoxe, a 48 horas do partido en Anoeta ante a Real Sociedad deste venres 2 de febreiro (21:00, Bein LaLiga), á marxe do grupo: Pedro Mosquera, Sidnei, Andone e Celso Borges.

Os dous primeiros están de baixa médica. O dianteiro romanés, sancionado esta fin de semana por acumulación de amoestacións, realiza estes días aproveitando esta circunstancia un plan de adestramento específico co readaptador Fran Molano. Finalmente Celso Borges, tamén baixa obrigada en San Sebastián pola súa expulsión o pasado sábado ante o Levante, sufriu onte un golpe nunha cadeira que lle impediu hoxe saltar ao céspede.