RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Catro partidos ligueiros en #ANOSACANTEIRA mañá mércores após a vitoria hoxe do Benxamín B

Seis equipos de #ANOSACANTEIRA teñen xornada de liga entre hoxe martes 30 de abril; mañá mércores 1 de maio, día festivo; e o xoves 2: Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Benxamín B.

A xornada abriuna o Benxamín B hoxe martes na Leyma cun triunfo (0-6) ante o SCD San Cristóbal B; e péchaa o Cadete B en Abegondo o xoves 2 de maio ante o Racing Villalbés (18:00 horas). Neste último partido, en caso de vitoria branquiazul, amarraría practicamente a 3ª praza do grupo norte da liga Galega.

Para mañá mércores queda o resto de encontros. Deles, un só será en Abegondo, a visita do CD Choco ao Infantil A, no último partido da Fase polo Título da liga Galega. Os branquiazuis son xa campións desde a pasada semana.

Para os dous encontros na Cidade Deportiva, os socios do Dépor teñen libre acceso; e o público paga 3 euros.

Xogan lonxe de Abegondo o Deportivo ABANCA B (en Vigo); Xuvenil B (en Vilalba); e Cadete A (en Carballo).

O calendario de partidos desta mini xornada, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoria feminina
28ª xornada: CP ALERTANAVIA - DEPORTIVO ABANCA B, o mércores 1 de maio no campo Armando Cajaraville (Samil, Vigo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 77 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 73 puntos...

Categoría xuvenil
31ª xornada: RACING VILLALBÉS - XUVENIL B, o mércores 1 de maio ás 12:00 no Estadio Roca (Vilalba)
Clasificación da liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 67 puntos; 3. Xuvenil B, 58 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 56 puntos; 6. Pabellón Ourense CF, 48 puntos...

Categoría cadete
31ª xornada: BERGANTIÑOS CF - CADETE A, o mércores 1 de maio ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 84 puntos; 2. Cadete A, 77 puntos; 3. Ural CF, 61 puntos...

31ª xornada: CADETE B - RACING VILLALBÉS, o xoves 2 de maio ás 18:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 73 puntos; 3. Cadete B, 62 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
15ª xornada, última: INFANTIL A - CD CHOCO, o mércores 1 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A (xa campión), 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos...

Categoría benxamín
11ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL B 0 - BENXAMÍN B 6 (Rodrigo -2-, Raúl, José Quiroga, Iago Lameiro e Iago Varela)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B (un partido máis), 33 puntos; 2. Victoria CF B (un partido máis), 25 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 22 puntos...