RCD / NOVAS

Catro sesións de preparación do Deportivo ABANCA desde mañá martes para visitar ao CD Oceja

11/03/2019 12:32

O Deportivo ABANCA comeza mañá martes 12 de marzo a preparar a súa seguinte cita ligueira, a visita ao CD Oceja, prevista para o sábado 16 de marzo ás 16:00 horas no campo Municipal de Santillana del Mar. O choque corresponde á 22ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

As deportivistas mandan na categoría con 61 puntos por 56 do Oviedo Moderno CF, segundo clasificado.

O equipo que prepara Manu Sánchez terá 4 adestramentos de preparación, todos eles en Abegondo pola tarde.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 12 de marzo
19:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 13 de marzo
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 14 de marzo
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de marzo
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de marzo
16:00: CD Oceja - Deportivo ABANCA, en Santillana del Mar