Catro sesións de traballo no Dépor ABANCA previas á visita do CD Parquesol a Abegondo
O Deportivo ABANCA disporá de catro sesións de adestramento en Abegondo desde mañá martes para preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Parquesol á Cidade Deportiva, prevista para o sábado 22 de xaneiro ás 17:00 h. O choque corresponde á 15ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.
O conxunto branquiazul recuperou provisionalmente o liderado do grupo norte ao gañar o seu partido en Pradejón e ser aprazado o choque do FC Levante Las Planas ante o Zaragoza CFF: 34 puntos teñen agora as deportivistas por 33 as catalás, iso si cun partido menos.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 18 de xaneiro 17:00 h.
Mércores 19 de xaneiro 11:30 h.
Xoves 20 de xaneiro 11:30 h.
Venres 21 de xaneiro 11:30 h.
Sábado 22 de xaneiro 17:00: Deportivo ABANCA - CD Parquesol, en Abegondo