RCD / NOVAS

Cavaleiro e Insua, citados pola Sub-21 de Portugal e España respectivamente

- Foto: Susi García - O deportivista Iván Cavaleiro foi citado pola selección Sub-21 de Portugal que dirixe Rui Jorge para dous partidos clasificatorios para o campionato de Europa da categoría.

03/10/2014 13:10

Ambos os partidos serán ante Holanda: o primeiro en Alkmaar (Holanda) o xoves 9 de outubro; e a volta en Paços de Ferreira o martes 14 de outubro.

O futbolista do Dépor terá que presentarse o domingo 5 de outubro, tras o partido en Sevilla, na localidade lusa de Linda-a-Velha para incorporarse á concentración.

Cavaleiro e Hélder Postiga estaban tamén preconvocados pola absoluta. No caso de Hélder, os Servizos Médicos do Deportivo enviaron á Federación Portuguesa un informe sobre o seu estado físico, nestes momentos de baixa médica cunha lesión de grao 1 na zona media do bíceps femoral dereito.

Insua, con España Sub-21

Pablo Insua, que este mércores recibiu a alta médica, foi convocado para un dobre choque ante Serbia, clasificatorios para o campionato de Europa da categoría.

O primeiro será en Jagodina o venres 10 de outubro e a volta o martes 14 de outubro en Cádiz.


Medunjanin, convocado por Bosnia para dous partidos oficiais

Haris Medunjanin foi citado polo seleccionador de Bosnia, Safet Susic, para dous partidos oficiais, clasificatorios para o Campionato de Europa 2016.

O primeiro deles será en Gales (Cardiff City Stadium) o venres 10 de outubro ás 19.45 horas. O segundo encontro será fronte a Bélxica en Bosnia (Estadio Bilino Polje de Zenica), o luns 13 de outubro ás 20.45 horas.

O futbolista terá que presentarse na concentración da súa selección en Bosnia o luns 6 de outubro, tras o partido do Deportivo en Sevilla, previsto para o 5 de outubro ás 12.00 horas.

Máis novas de: INSUA, CAVALEIRO, MEDUNJANIN

RCD / Noticias Relacionadas