RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cavaleiro, Oriol e Bergantiños analizaron o partido en zona mixta

  Iván Cavaleiro, Oriol Rise e Álex Bergantiñfóronvos os encargados de analizar o partido na zona mixta do Estadio de Riazor, mostrando o seu decepción polo resultado do derbi pero también o seu ánimo por s

Para Cavaleiro "non soubemos aproveitar as nosas oportunidades, tivemos moitas, non marcamos e infelizmente o celta tivo máis sorte e unha expulsión. Hai que levantar a cabeza, continuar traballando e pensando no próximo partido. O equipo está ben, unido, perdemos este partido, queriamos dar unha vitoria, pero hai que se seguir traballando. Non vai baixar a nosa concentración nos obxectivos que temos".
 
Oriol mostrouse frustrado coa súa ocasión fallada: "teño que metela, non hai máis, non sei que dicir. Metín goles toda a miña vida, iso non se esquece e vounos a meter, segurísimo. Hai situacións que a maneira de xogar do equipo, con extremos pechados, prexudícame pero esa ocasión teño que metela". Profundando na análise: "aquí cando perdemos, perdemos todos e cando gañamos gañamos todos, non hai culpables nin xogadores que estean mellor. O equipo ten que ter intensidade, perdemos o derbi pero queda a misión de salvarnos, que é a importante, e estamos ben".
 
Bergantiños: "doe perder o derbi, pero é un partido máis, temos que pensar en seguir adiante, tiñamos moitas esperanzas postas en darlle alegría á afección pero non foi o noso día. Perdemos balón ao atacar, e na segunda parte dun erro veu unha contra, un pau importante e despois non acertamos, veu a expulsión, rompeu o partido o equipo puxo intención pero era complicado e nun erro noso chegou a sentenza. Para nós doe que o celebren aquí pero isto funciona así. Este ano gañáronnos os dous e esperemos ano que vén cambie a dinámica".